O Concello de Cambados en colaboración coa Confraría de Pescadores San Antonio e a Asociación Mulleres Salgadas promove un proxecto de colaboración, denominado ATANDO APARELLOS (IMPLICACIÓN ACTIVA DO SECTOR PESQUEIRO NO DESENVOLVEMENTO DA ZONA COSTEIRA) co que pretenden cubrir unha necesidade do sector pesqueiro local (poder contar con persoal formado no territorio para amañar os seus aparellos imprescindibles na súa labor diaria) para poder manterse (xa que non hai máquinas que solucionen, de momento, ese problema).
Os obxectivos específicos son:
-Formar a persoas na reparación de redes e aparellos de pesca a fin de poder dar solución á cantidade de traballo que o sector pesqueiro local ten neste eido.
-Visibilizar un oficio do mar que ata o de agora non ten sustituto (non existe máquina que faga esa labor) e ás mulleres do mar que dende sempre foron quen realizou.
-Dar unha oportunidade de formación con saída real de emprego a persoas do territorio.
O ACTO DE PRESENTACIÓN pública do proxecto tivo lugar o día 25 de outubro, luns, ás 18.30h no Salón J. Peña de Cambados e nel interviñeron:
- Fátima Abal, alcaldesa
- Ruperto, patrón maior e
- Dolores Gómez, presidenta de Mulleres Salgadas.
Os representantes das entidades coincidiron na importancia deste tipo de iniciativas de colaboración para resaltar a necesidade de manter o oficio de atador/a e a importancia da colaboración na posta en marcha de iniciativas de interese social e colectivo.
O proxecto contará de cara ao 2022 con 2 edición formativas no amaño e reparo de artes de pesca, que serán impartidas por Sefa, unha atadora con ampla experiencia e que reside aquí na nosa localidade.
As bases do programa, nas que constan os requisitos así como toda a información relativa ás inscricións pódense obter nas oficinas da Confraría de pescadores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.