Coronavirus Pontevedra-Salnés: 24 novos enfermos e baixan a 689 os casos activos Coronavirus Galicia: 452 contaxiados novos e baixan a 8.953 os casos activos A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés segue descendendo en casos activos e xa é a segunda menos afectada de toda Galicia. Os 24 contaxios de hoxe son case unha terceira parte dos 70 do sábado pasado, e a media de contaxiados nos últimos días segue baixando: agora é de 31. Nas últimas 24 horas producíronse 24 contaxios novos e 66 altas, o que fai que descendan en 42 persoas os casos activos, pasando de 731 a 689. Incidencia: Casos por 100.000 habitantes nos últimos 14 días nos concellos do Salnés: Cambados 17 124 Illa de Arousa 10 203 Meaño 3 57 Meis 3 63 O Grove 13 122 Ribadumia 3 59 Sanxenxo 58 334 Vilagarcía de Arousa 57 152 Vilanova de Arousa 10 97 Continúa descendendo a incidencia en todo a área sanitaria pontevedresa. A cidade de Pontevedra pode ser pronto a menos afectada de Galicia en incidencia. No Salnés tan so Sanxenxo ten máis de 300 enfermos de incidencia a 14 días O número de pacientes hospitalizados baixa de 22 a 19 persoas, distribuídas en 14 pacientes no CHU de Pontevedra (9 en planta e 5 na UCI), 4 en planta no Hospital Público do Salnés e 1 no Quirónsalud Miguel Domínguez.
A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés inclúe as comarcas de Pontevedra, O Salnés, Caldas (excepto Valga e Pontecesures), Tabeirós-Terra de Montes (salvo a Estrada) e os municipios de Marín e Bueu pertencentes ao Morrazo. Desde o inicio da pandemia tivo 21.103 casos de coronavirus, con 199 falecementos, 20.215 altas e 689 casos activos nestes momentos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.