Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de agosto de 2021

PONTEVEDRA-SALNÉS: A EVOLUCIÓN FAVORABLE AXUDA A MELLORA DE GALICIA


Coronavirus Pontevedra-Salnés: 92 novos enfermos e baixan a 2.703 os casos activos A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés resta casos activos e hospitalizados A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés segue restando casos activos de coronavirus e hoxe é a que fai que Galicia en xeral mellore, xa que as súas 191 infectados menos compensan a subida doutras áreas sanitarias. A situación hospitalaria tamén mellora considerablemente. Nas últimas 24 horas producíronse 92
contaxios novos e 283 altas, o que fai que descendan en 191 persoas os casos activos, pasando de 2.894 a 2.703. Incidencia: Casos por 100.000 habitantes nos últimos 14 días nos concellos do Salnés: Cambados 123 895 Illa de Arousa 39 792 Meaño 54 1 024 Meis 34 710 O Grove 184 1 728 Ribadumia 21 416 Sanxenxo 263 1 516 Vilagarcía de Arousa 195 521 Vilanova de Arousa 51 495 Continúa descendendo a incidencia en Pontevedra cidade, que xa non é a máis afectada de Galicia. No resto da área sanitaria pontevedresa a incidencia segue baixando aos poucos, aínda que O Grove mantense como o municipio máis afectado de toda a comunidade. O resto do Salnés mellora O número de pacientes hospitalizados baixa de 42 a 34 persoas, distribuídas en 30 pacientes no CHU de Pontevedra (23 en planta e 7 na UCI), 2 en planta no Hospital Público do Salnés e 2 no Quirónsalud Miguel Domínguez.

A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés inclúe as comarcas de Pontevedra, O Salnés, Caldas (excepto Valga e Pontecesures), Tabeirós-Terra de Montes (salvo a Estrada) e os municipios de Marín e Bueu pertencentes ao Morrazo. Desde o inicio da pandemia tivo 19.606 casos de coronavirus, con 189 falecementos, 16.714 altas e 2.703 casos activos nestes momentos. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.