Combarro, elixido pobo máis bonito de Galicia; Allariz segundo e Betanzos terceiroNa provincia de Lugo Viveiro foi o pobo preferido polos máis de 2.000 participantes da votación O bonito pobo costeiro de Combarro, no concello de Poio, gañou a votación de cal é o pobo máis bonito de Galicia que realizamos ao longo dos últimos días. Máis de 2.000 persoas participaron nunha votación que estivo especialmente rifada, xa que Combarro gañoulle a partida a Allariz por un puñado de votos. Para realizar a votación, seleccionamos 10 pobos de cada provincia, facendo unha votación a nivel galego no que se seleccionaban ata 6 de 40 candidatos, e unha por provincia, podendo seleccionar ata 2 dos 10 participantes. Combarro impúxose a Allariz por uns poucos votos, e en terceiro lugar e a certa distancia está Betanzos, a Cidade dos Cabaleiros. Os resultados de Galicia Estes son os 20 pobos máis votados. Combarro e Allariz destacan por encima do resto, mentres que hai outros 6 pobos que superan un 10% das votacións.
Combarro (Poio): 27,86% Allariz: 27,01% Betanzos: 17,92% Baiona: 15,29% Cambados: 14,90% Muros: 13,95% Viveiro: 12,71% Redes (Ares): 10,63% Ribadavia: 9,88% O Cebreiro: 9,53% Mondoñedo: 8,64% Tui: 7,99% Ribadeo: 7,80% Pontedeume: 7,60% O Barqueiro (Mañón): 7,25% A Pobra do Caramiñal: 6,85% A Guarda: 6,06% A Ponte Maceira (Negreira): 6,01% Parada de Sil: 5,81% Noia: 5,41% Betanzos manda na provincia da Coruña Os resultados dos 10 pobos da provincia da Coruña mostran o dominio de Betanzos, con Muros preto e Redes a algo máis de distancia. Betanzos: 27,85% Muros: 23,85% Redes (Ares): 19,44% A Pobra do Caramiñal: 14,10% O Barqueiro (Mañón): 13,49% Pontedeume: 12,26% A Ponte Maceira (Negreira): 11,54% Noia: 10,46% Cariño: 9,59% Padrón: 5,08% Viveiro, preto do 30% en Lugo Na provincia de Lugo destacan catro pobos, sendo Viveiro o máis votado con case un 30% dos votos. Chama a atención tamén a baixa cantidade de votos do moi descoñecido San Miguel de Montefurado, en Quiroga. Viveiro: 29,74% Ribadeo: 26,89% O Cebreiro: 25,44% Mondoñedo: 21,24% Monforte: 12,90%
Piornedo (Cervantes): 8,86% Foz: 8,45% Portomarín: 7,51% Samos: 3,63% San Miguel de Montefurado (Quiroga): 2,28% Dominio abafador de Allariz en Ourense No caso da provincia de Ourense, Allariz gaña cun descomunal 56,44%, a maior porcentaxe de todas as votacións provinciais. Ningún outro pobo de Ourense faille sombra, e o segundo máis votado é Ribadavia cun máis que respectable 30%. Allariz: 56,44% Ribadavia: 30,05% Parada de Sil: 17,37% Castro Caldelas: 8,81% Celanova: 7,94% O Carballiño: 7,53% Verín: 7,16% Vilanova dos Infantes (Celanova): 5,15% A Veiga: 2,68% Pazos de Arenteiro (Boborás): 2,63%
Combarro imponse en Pontevedra O gañador de toda Galicia é tamén o claro gañador da súa provincia, con máis dun 50% de votos. Baiona e Cambados acompáñanlle no podio con máis do 25%.
Combarro: 50,38% Baiona: 28,94% Cambados: 25,04% Tui: 16,02% A Guarda: 9,93% Porto do Xufre (Illa de Arousa): 8,21% Caldas de Reis: 4,16% Oia: 2,89% Ponte Caldelas: 2,18% Barro: 1,82%

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.