Os Bombeiros excarceran a unha persoa falecida en Vilagarcía tras envorcar e caer por un terraplén o vehículo que conducía
A vítima e único ocupante do vehículo tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilagarcía.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente grazas a unha persoa particular que chamou para pedir axuda. Indicaba que un coche acababa de saírse da vía ao seu paso por Sobrán, en Vilagarcía de Arousa. Ademais de asegurar que o turismo caera por un terraplén e envorcara, indicaba que no seu interior había un home atrapado.
De inmediato, desde o 112 Galicia púxose en marcha un dispositivo no que interviñeron ademais do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros do Salnés, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e os efectivos do Servizo de Emerxencias da localidade.
Con todo, unha vez no punto, nada se puido facer por salvarlle a vida ao condutor.
Os Bombeiros confirmaron a excarceración do home e único ocupante do turismo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.