Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de julio de 2021

PONTEVEDRA-SALNÉS: SEGUE AUMENTANDO O NÚMERO DE ENFERMOS DE FORMA ALARMANTE



-Coronavirus Pontevedra-Salnés: 60 infectados novos e soben a 367 os casos activos -A área pontevedresa é hoxe a que máis
contaxios rexistra en toda Galicia e segue empeorando. A área sanitaria pontevedresa continúa sumando casos activos e contaxios, moitos deles relacionados co brote das Illas Baleares. Os 60 infectados de hoxe son a cifra máis alta de toda Galicia, e a incidencia segue aumentando tanto en Pontevedra cidade e a súa área como no Salnés. Nas últimas 24 horas producíronse 60 contaxios novos e 14 altas, o que fai que suban en 46 persoas os casos activos, pasando de 321 a 367. Incidencia: Casos por 100.000 habitantes nos últimos 14 días nos concellos do Salnés: Cambados 19 138 Illa de Arousa 10 203 Meaño 3 57 Meis 3 63 O Grove 3 28 Ribadumia 3 59 Sanxenxo 11 63 Vilagarcía de Arousa 54 144 Vilanova de Arousa 22 214 Segue subindo a incidencia en Pontevedra cidade e nas súas veciñas Poio e Marín, e tamén aumenta na zona do Salnés. Vilagarcía (144), Vilanova (214) e Cambados (138) están cada vez máis afectadas con 54, 22 e 20 activos respectivamente. A illa 10 casos activos e 203 de incidencia. O número de pacientes hospitalizados sobe de 10 a 11 persoas, distribuídas en 7 pacientes no CHU de Pontevedra (4 en planta e 3 na UCI), 4 en planta no Hospital Público do Salnés e ningún no Quirónsalud Miguel Domínguez.  

A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés inclúe as comarcas de Pontevedra, O Salnés, Caldas (excepto Valga e Pontecesures), Tabeirós-Terra de Montes (salvo a Estrada) e os municipios de Marín e Bueu pertencentes ao Morrazo. Desde o inicio da pandemia tivo 14.768 casos de coronavirus, con 181 falecementos, 14.220 altas e 367 casos activos nestes momentos. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.