Unha persoa perdeu a vida, esta tarde, tras producirse un accidente no que colidiron unha furgoneta e un camión na estrada VG-4.3, na Autovía do Salnés, ao seu paso por Vilanova de Arousa.Pouco antes das cinco e media tarde, o 112 Galicia recibía a chamada dun particular que informaba dunha colisión con dous vehículos implicados e apuntaba tamén que podería haber feridos. Uns minutos despois, outro particular informaba deste mesmo accidente e afirmaba que os vehículos implicados eran unha grúa, que transportaba outro coche, e unha furgoneta. Tamén, daba conta de que a furgoneta estaba moi deteriorada a causa do accidente e que cría que podería haber persoas atrapadas. De xeito inmediato, dende o 112 Galicia deuse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia - 061, que enviaron unha UVI móbil e unha ambulancia. Xa no punto, os servizos sanitarios indicaban que se trataba dunha colisión entre unha furgoneta e un camión. Ademais, dende o Centro de Atención ás Emerxencias tamén se informou á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Vilagarcía e de Ribadumia, Emerxencias de Cambados, á Policía Local e a Protección Civil de Vilanova. Os Bombeiros de Vilagarcía confirmaron que tiveran que liberar ao ocupante do camión, que posteriormente foi evacuado polos profesionais sanitarios. Igualmente, tamén excarceraron ao condutor da furgoneta, que xa estaba falecido. Ademais, dende o CIAE 112 informouse ao Centro de Xestión de Tráfico cuxo persoal se desprazou ata o lugar co fin de restablecer as condicións da vía que, nestes intres, permanece cun carril cortado na súa totalidade e outro con circulación intermitente.
Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.

16 de junio de 2021
UN FALECIDO E UN FERIDO NA AUTOVÍA DO SALNÉS
Unha persoa perdeu a vida, esta tarde, tras producirse un accidente no que colidiron unha furgoneta e un camión na estrada VG-4.3, na Autovía do Salnés, ao seu paso por Vilanova de Arousa.Pouco antes das cinco e media tarde, o 112 Galicia recibía a chamada dun particular que informaba dunha colisión con dous vehículos implicados e apuntaba tamén que podería haber feridos. Uns minutos despois, outro particular informaba deste mesmo accidente e afirmaba que os vehículos implicados eran unha grúa, que transportaba outro coche, e unha furgoneta. Tamén, daba conta de que a furgoneta estaba moi deteriorada a causa do accidente e que cría que podería haber persoas atrapadas. De xeito inmediato, dende o 112 Galicia deuse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia - 061, que enviaron unha UVI móbil e unha ambulancia. Xa no punto, os servizos sanitarios indicaban que se trataba dunha colisión entre unha furgoneta e un camión. Ademais, dende o Centro de Atención ás Emerxencias tamén se informou á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Vilagarcía e de Ribadumia, Emerxencias de Cambados, á Policía Local e a Protección Civil de Vilanova. Os Bombeiros de Vilagarcía confirmaron que tiveran que liberar ao ocupante do camión, que posteriormente foi evacuado polos profesionais sanitarios. Igualmente, tamén excarceraron ao condutor da furgoneta, que xa estaba falecido. Ademais, dende o CIAE 112 informouse ao Centro de Xestión de Tráfico cuxo persoal se desprazou ata o lugar co fin de restablecer as condicións da vía que, nestes intres, permanece cun carril cortado na súa totalidade e outro con circulación intermitente.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.