TELÉFONOS DE INTERESE
▼
2 de junio de 2021
PONTEVEDRA-SALNÉS: XUNTO A CORUÑA AS ÚNICAS ÁREAS QUE MELLORAN
Coronavirus Pontevedra-Salnés: 3 contaxios novos e baixan a 248 os casos activosA área sanitaria pontevedresa é unha das únicas dúas que melloran hoxe en Galicia.
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés chega a un mínimo anual de contaxios (empatado co 8 de marzo) e baixa en casos activos a pesar das poucas altas que se produciron nas últimas 24 horas. A área sanitaria segue tendo en Pontevedra o seu lugar máis afectado, pero a situación está moito mellor no resto. Cambados volve descender 2 casos activos e hoxe son 12 os infectados, polos 14 de onte.
Nas últimas 24 horas producíronse 3 contaxios novos, 1 falecemento (un home de 74 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP)) e 16 altas, o que fai que descendan en 14 os casos activos, de 262 a 248 persoas.
Incidencia: Casos por 100.000 habitantes nos últimos 14 días nos concellos do Salnés:
Cambados 3 22
Illa de Arousa 3 61
Meaño 3 57
Meis 3 63
O Grove 0 0
Ribadumia 0 0
Sanxenxo 3 17
Vilagarcía de Arousa 21 56
Vilanova de Arousa 3 29
Baixa lixeiramente a incidencia na cidade de Pontevedra, que nestes momentos é o municipio máis afectado de toda a súa área sanitaria. A situación no resto continúa aos poucos mellorando.
O número de pacientes hospitalizados sobe de 13 a 15 persoas, distribuídas en 13 pacientes no CHU de Pontevedra (11 en planta e 2 na UCI), 2 no Hospital Público do Salnés e ningún no Quirónsalud Miguel Domínguez.
A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés inclúe as comarcas de Pontevedra, O Salnés, Caldas (excepto Valga e Pontecesures), Tabeirós-Terra de Montes (salvo a Estrada) e os municipios de Marín e Bueu pertencentes ao Morrazo. Desde o inicio da pandemia tivo 14.277 casos de coronavirus, con 180 falecementos, 13.849 altas e 248 casos activos nestes momentos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.