TELÉFONOS DE INTERESE

2 de junio de 2021

O MES DE MAIO TRAE BOS DATOS DO PARO NO SALNÉS


Galicia rexistra unha forte caída do paro: 5.742 persoas menos en maio Diminúe en todas as provincias e en todos os sectores de actividade, así como no colectivo sen emprego anterior O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo
Inem) baixou en 5.472 persoas en maio en Galicia en relación co mes anterior, un 3,2%, unha décima menos que a media, ata situar o total en 165.306 desempregados, segundo os datos que publica este mércores o Ministerio de Traballo e Economía Social. En comparación con maio de 2020, o paro caeu na comunidade galega nun total de 25.776 persoas, o que representa un descenso do 13,49%. No conxunto estatal, a diminución foi de 129.378 desempregados en maio (-3,3%) respecto a abril, o seu maior retroceso mensual de toda a serie histórica, que se inicia en 1996. Por provincias, o desemprego reduciuse un 4,81% en Lugo, con 817 persoas menos nesta situación, o que deixou o total en 16.185 parados. Baixou un 3,17% na Coruña (2.172 parados menos, ata 66.363) e un 3,1% en Pontevedra (2.052 menos, ata 64.068). Por último, Ourense rexistrou un descenso do 2,25%, con 431 desempregados menos, ata 18.690. Por sector de actividade económica, a diminución en 5.472 parados en toda a comunidade distribuíuse entre agricultura (-61), industria (-527), construción (-588) e servizos (-4.066). No colectivo sen emprego anterior, o desemprego caeu en 230 persoas en Galicia; mentres que entre estranxeiros alcanzou a 11.496 persoas, que son 420 menos que en abril (-3,52%) e 936 menos que en maio de 2020 (-7,53%). Máis contratos A comunidade galega anotouse un incremento dos contratos en maio, ata 66.533, que son 911 máis que en abril (+1,39%) e 35.660 máis que no mesmo mes de 2020 (+115,51%). Deles, 6.385 foron indefinidos (1.078 menos que en abril, o que supón un descenso do 14,44%) e 60.148 temporais (1.989 máis, un aumento do 3,42%). No acumulado, son 303.812 contratos, a maior parte (268.880, o 88,5%) temporais. Prestacións Por último, as prestacións --correspondentes ao mes de abril porque estes datos sempre saen cun mes de atraso respecto a os do paro-- chegaron a un total de 102.893 galegos ese mes.  

O gasto total situouse en 115,13 millóns de euros na comunidade, cunha contía media por prestación contributiva de 827,4 euros por beneficiario. 

No gráfico podedes ver os datos do paro nos concellos do Salnés.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.