TELÉFONOS DE INTERESE

4 de junio de 2021

PONTEVEDRA-SALNÉS: SIGUE MELLORANDO AOS POUCOS

Coronavirus Pontevedra-Salnés: 11 contaxios novos e baixan a 232 os casos activos

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés continúa mellorando a súa situación. A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés segue mellorando aos poucos e hoxe resta outros 15 casos activos de coronavirus grazas ao baixo número de infectados que está a rexistrar e ao crecente número de altas. De luns a venres producíronse 49 casos novos da enfermidade na área sanitaria, en comparación cos 83 da semana anterior. Nas últimas 24 horas producíronse 11 contaxios novos e 26 altas, o que fai que descendan en 15 os casos activos, de 247 a 232 persoas. Incidencia: Casos por 100.000 habitantes nos últimos 14 días nos concellos do Salnés: Cambados 3 22 Illa de Arousa 3 61 Meaño 3 57 Meis 3 63 O Grove 0 0 Ribadumia 3 59 Sanxenxo 3 17 Vilagarcía de Arousa 21 56 Vilanova de Arousa 3 29 Baixa a incidencia na cidade de Pontevedra e na súa veciña Marín. Soutomaior é xunto coa cidade de Pontevedra o municipio máis afectado da área. Cambados segue baixando activos de dous en dous, hoxe 8. O número de pacientes hospitalizados mantense en 16 persoas, distribuídas en 13 pacientes no CHU de Pontevedra (11 en planta e 2 na UCI), 3 no Hospital Público do Salnés e ningún no Quirónsalud Miguel Domínguez. A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés inclúe as comarcas de Pontevedra, O Salnés, Caldas (excepto Valga e Pontecesures), Tabeirós-Terra de Montes (salvo a Estrada) e os municipios de Marín e Bueu pertencentes ao Morrazo. Desde o inicio da pandemia tivo 14.305 casos de coronavirus, con 181 falecementos, 13.892 altas e 232 casos activos nestes momentos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.