TELÉFONOS DE INTERESE

4 de junio de 2021

ASÍ SERÁ A SITUACIÓN DE GALICIA DESDE O LUNS


Así será desde o luns 7 a situación de Galicia de mobilidade, hostalería e restricións

A Pobra e Mos abandonan o nivel extremo desde a medianoite do domingo 6 ao luns 7 de xuño. A Xunta de Galicia anunciou hai uns minutos a nova lista de restricións por municipios que entrará en vigor o luns 7 de xuño. A gran novidade e ao mesmo tempo único cambio é que A Pobra do Caramiñal e Mos deixarán o nivel extremo, quedando deserto. Ningún municipio en Galicia terá peche perimetral desde o luns. Estes son os principais cambios: Ningún municipio estará en nivel extremo.
Estarán en nivel alto os municipios da Pobra do Caramiñal, Mos, Ordes e Viveiro. Estarán en nivel medio os municipios de Moraña, Ponteareas, Cenlle, Lobios, O Barco de Valdeorras, Ribeira, Boiro, Oroso, Xove, Vilalba e Monforte de Lemos. O resto de municipios galegos están en nivel medio-baixo. Os niveis de restricións Primeiro nivel: risco extremo Neste nivel atópanse aqueles municipios que superen os 500 casos por cada 100.000 habitantes a 14 días. A partir do luns 7 de xuño non estará ningún municipio. Estes municipios manterán as medidas actuais: Peche total de hostalería. Peche perimetral municipal. Reunións só conviventes.
Segundo nivel: alto A partir do luns 7 de xuño estarán estes municipios neste nivel: A Pobra do Caramiñal, Mos, Ordes e Viveiro. Reunións de ata dez persoas non conviventes en exterior e seis en interior. Limitada a só conviventes en domicilios desde as 01:00 ás 06:00 horas. Aforo da hostalería: 50% terrazas. Horarios hostalería: Ata 01:00 horas.
Ábrense instalacións deportivas como ximnasios e piscinas: poderán realizar deporte xuntos ata catro persoas non conviventes, pero sempre con máscara. Movilidad co resto de concellos salvo os de nivel máximo
Terceiro nivel: medio Nos que estean por baixo dos 250 casos por 100.000 habitantes e por encima de 150, atópanse estes municipios de Galicia desde o luns 7 de xuño: Moraña, Ponteareas, Cenlle, Lobios, O Barco de Valdeorras, Ribeira, Boiro, Oroso, Xove, Vilalba e Monforte de Lemos. Aforo da hostalería: 30% en interior e un 50% en terraza. Horarios hostalería: Ata 01:00 horas. Reunións de ata dez persoas non conviventes en exterior e seis en interior. Limitada a só conviventes en domicilios desde as 01:00 ás 06:00 horas. Movilidad co resto de concellos salvo os de nivel máximo Ábrense instalacións deportivas como ximnasios e piscinas: poderán realizar deporte xuntos ata catro persoas non conviventes, pero sempre con máscara.
Cuarto nivel: medio-baixo Todos os concellos de Galicia por baixo de 150. Representan o 85 % da poboación da comunidade. Aforo da hostalería: Un 50% en interior e un 75% en terraza Horarios hostalería: Ata 01:00 horas. Reunións de ata dez persoas non conviventes en exterior e seis en interior. Limitada a só conviventes en domicilios desde as 01:00 ás 06:00 horas. Movilidad co resto de concellos salvo os de nivel máximo Ábrense instalacións deportivas como ximnasios e piscinas: poderán realizar deporte xuntos ata catro persoas non conviventes, pero sempre con máscara.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.