Coronavirus Pontevedra-Salnés: 5 contaxios novos e baixan a 212 os casos activos
A área sanitaria pontevedresa termina a semana con 64 casos activos menos que o domingo pasado.
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés continúa restando casos de coronavirus e hoxe son 10 menos, grazas sobre todo a que os contaxios están a manterse moi baixos. Soutomaior é o único municipio da área sanitaria que está a aumentar claramente en incidencia.
Nas últimas 24 horas producíronse 5 contaxios novos e 15 altas, o que fai que descendan en 10 os casos activos, de 222 a 212 persoas.
Incidencia: Casos por 100.000 habitantes nos últimos 14 días nos concellos do Salnés:
Cambados 3 22
Illa de Arousa 3 61
Meaño 3 57
Meis 3 63
O Grove 0 0
Ribadumia 3 59
Sanxenxo 3 17
Vilagarcía de Arousa 19 51
Vilanova de Arousa 3 29
Descende de novo a incidencia en Pontevedra e continúa moi baixa en toda a zona, menos en Soutomaior, onde se rexistraron 14 infectados nos últimos 7 días. Cambados mantén os mesmos casos activos que onte, 7. Na comarca do Salnés baixan todos os concellos, ou se manteñen como é o caso de Cambados.
O número de pacientes hospitalizados mantense en 15 persoas, distribuídas en 13 pacientes no CHU de Pontevedra (11 en planta e 2 na UCI), 2 no Hospital Público do Salnés e ningún no Quirónsalud Miguel Domínguez.
A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés inclúe as comarcas de Pontevedra, O Salnés, Caldas (excepto Valga e Pontecesures), Tabeirós-Terra de Montes (salvo a Estrada) e os municipios de Marín e Bueu pertencentes ao Morrazo. Desde o inicio da pandemia tivo 14.321 casos de coronavirus, con 181 falecementos, 13.928 altas e 212 casos activos nestes momentos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.