Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de junio de 2021

O CONCELLO APROBA UN REGULAMENTO PARA A ORGANIZACIÓN DE EVENTOS DEPORTIVOS FEDERADOS NAS INSTALACIÓNS MUNICIPAIS


O Concello de Cambados ven de aprobar un regulamento específico para a organización de torneos ou eventos deportivos federados nas instalacións deportivas municipais.

En primeiro lugar, a condición indispensable para poder celebrar calquera evento deportivo é que o municipio, na súa totalidade, se encontre no nivel de restriccións media ou media baixa durante as datas correspondentes.

Por tal motivo, segundo explica a Concelleira de Deportes, Cruz Leiro, en función das restriccións marcadas pola Xunta de Galicia e publicadas no DOG, “independientemente de que o evento se teña autorizado con anterioridade, o Concello poderá suspender a celebración da competición deportiva”,

Polo demáis, calquera entidade que desexe solicitar unha instalación deportiva municipal para a realización de torneos ou eventos deportivos deberá, en primeiro lugar, realizar a reserva correspondente, o que implicará “o uso exclusivo da instalación” pola entidade deportiva ou Federación para a que foi emitida e cumprir os horarios recollidos na mesma.

Asimesmo, os interesados terán que entregar unha relación dos xogadores, na que debe figurar o nome, apelidos, D.N.I. e teléfono, así como presentar unha certificación federativa onde conste que os xogadores están federados. 

Igualmente, xunto coa solicitude, deben adxuntar unha memoria descritiva da actividade a desenvolver.

As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello de Cambados.

En canto ás medidas anticovid, axustaranse aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.