Coronavirus Galicia: 86 novos infectados e baixan a 1.613 os casos activosContinúan baixando os hospitalizados e os casos activos, sobre todo en Pontevedra, Santiago e Vigo. Galicia segue restando casos activos e hospitalizados e volvendo cara atrás aos niveis do verán de 2020, mentres mantén os contaxios baixo control. Os 86 de hoxe son máis que os 71 de onte, pero 20 menos que os 106 do xoves pasado, e esta semana continúa avanzando con datos mellores que a anterior (293 contaxios de luns a xoves fronte a 354 de hai unha semana). Se nas últimas semanas era a área da Coruña a que máis rapidamente melloraba, agora os contaxios aumentaron nesta zona, mentres que Pontevedra, Santiago e Vigo son as que están a progresar a maior ritmo nestes momentos, sobre todo as dúas últimas. Se Santiago preocupaba fai 2 ou 3 semanas polo aumento de casos, agora é a cidade con menor incidencia de Galicia, mentres que Ourense mantense como a de máis contaxios por habitante. A situación hospitalaria mellora respecto a onte, con 5 pacientes menos en planta e os mesmos en UCI. O total de pacientes é inferior en 41 persoas a fai sete días. Hai unha semana había 107 hospitalizados en Galicia divididos en 87 pacientes de planta e 20 de UCI, e hoxe son 66 en total, con 51 en planta e os outros 15 na unidade de críticos (os mesmos que onte). Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña son as áreas máis afectadas. Santiago rexistra 11 infectados e baixa a 222 casos activos. A área herculina sobe a 334 casos activos, con 28 contaxios. Vigo rexistra 15 contaxios e baixa a 416 casos activos. Estes son os datos máis relevantes de hoxe: Os novos infectados son máis que onte (de 71 a 86) e 20 menos que os 106 do xoves pasado. Vigo é a área sanitaria máis afectada de Galicia con 416 casos activos, e Ourense é a cidade con máis incidencia, con 75. Santiago é agora a de menor incidencia con 42. Os casos activos baixan de 1.679 a 1.613, un descenso de 66 infectados. Baixan de 71 a 66 as persoas hospitalizadas, 41 menos que hai unha semana. A incidencia a 14 días baixa de 49 a 48 e a incidencia a 7 mantense en 21. Hoxe xoves son 20 diagnósticos menos que o xoves 3 de xuño, procedendo dun número de probas inferior. Os 86 casos novos de hoxe son o 2,06% de diagnósticos positivos de 4.157 probas PCR, mentres que os 106 do xoves pasado eran o 2,04% de positivos de 5.179 tests. Na web de datos do Sergas di que nas últimas 24 horas confirmáronse 85 casos de COVID-19 por PCR, pero a diferenza entre o total de infectados desde o inicio da pandemia de hoxe (127.687) e o de onte (127.601) é de 86 persoas. Do mesmo xeito, os novos contaxios por área sanitaria son calculados co mesmo procedemento. Nas últimas 24 horas rexistráronse en Galicia 86 novos casos de SARS- CoV-2 e 151 altas, o que fai que descendan en 66 persoas os casos de coronavirus, pasando dos 1.679 de onte aos 1.613 de hoxe. O total de hospitalizados baixa de 71 a 66 pacientes, os mesmos na UCI e 5 menos en planta. O pasado xoves eran 107 hospitalizados, 41 máis que hoxe. O total de casos de coronavirus contabilizados polo Sergas desde o inicio da pandemia é de 127.687. Altibaixos nas áreas sanitarias Hoxe o descenso de Galicia débese a Vigo, Santiago e Pontevedra, porque o resto de áreas empeoran ou se manteñen case igual. Vigo é a área máis afectada de Galicia con 416 casos activos (-25), seguida da Coruña con 334 (+3), Santiago con 222 (-31), Lugo con 208 (=), Pontevedra con 171 (-15), Ourense con 162 (-2) e Ferrol con 100 (+4). Ourense é agora a cidade máis afectada de Galicia con 75 de incidencia, Santiago a que menos con 42. Incidencia nas cidades A Coruña: 50 (+3) Ferrol: 59 (+5) Lugo: 68 (+2) Ourense: 75 (+2) Pontevedra: 54 (-9) Santiago: 42 (-1) Vigo: 63 (-6) Novos contaxios por área sanitaria A Coruña: 28 Ferrol: 6 Lugo: 12 Ourense: 7 Pontevedra: 7 Santiago: 11 Vigo: 15 Total: 86 O total de falecementos desde o inicio chega a 2.428 persoas, 1 nas últimas 24 horas, e son 1.809 desde a nova normalidade, superando os 619 da primeira onda. O total de hospitalizados é de 66 (-5), divididos en 15 (=) na UCI e 51 (-5) en unidades de hospitalización. O total de probas PCR realizadas é de 2.293.810, delas 4.157 nas últimas 24 horas, cun 2,06% de positivos. Esta semana continúa mellor que a anterior, que foi a mellor de 2021 ata a data. De luns a xoves producíronse 293 novos casos de COVID-19, en comparación con 354 a semana anterior. As últimas semanas terminaron con 620, 850, 1.067, 1.103, 1.217, 1.288, 1.362, 1.259, 1.091, 901, 877, 985, 1.112, 1.117, 1.780, 2.498, 4.066, 7.066, 10.337 e 10.526 contaxios respectivamente.
TELÉFONOS DE INTERESE
▼
10 de junio de 2021
CORONAVIRUS GALICIA: PONTEVEDRA, VIGO E SANTIAGO MELLORES EN DESCENSO DE HOSPITALIZADOS

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.