Un estudo demostra que a vieira é un dos mariscos con menor impacto ambiental na súa produciónUn estudo, realizado en colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Consellería do Mar, mostra que a vieira é un dos mariscos con menor impacto ambiental na súa produción. Respecto diso, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, subliña que "é imprescindible para levar a cabo o desenvolvemento sostible e a ordenación integrada deste produto", o que demostra que "na combinación de aspectos ambientais e nutricionais, a vieira presenta un dos mellores perfís dentro da categoría de mariscos". Para este estudo contouse coa participación de 14 patróns de embarcacións e o xerente da planta de eviscerado do porto de Cambados. Así, avaliáronse aspectos como os consumos de diésel dos barcos de pesca e a electricidade da factoría. Igualmente, a titular de Mar remarcou que a vieira está "profundamente ligada ao produto gourmet da cociña galega e un recurso de primeira calidade capturado nun enclave privilexiado como son as rías galegas". ESTRATEXIA MARÍTICA ATLÁNTICA Noutra orde de cousas, o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia na asemblea xeral da Comisión do Arco Atlántico ( CAA), onde avogou por estender a estratexia marítima atlántica as rexións británicas para fomentar a cohesión tras o Brexit. Así, a Comisión aprobou unha declaración política na que pide ás institucións comunitarias e gobernos maior atención ao desenvolvemento sostible do espazo atlántico e reitera a petición de avanzar na creación dunha macrorregión atlántica.
TELÉFONOS DE INTERESE
▼
10 de junio de 2021
A VIEIRA UN DOS MARISCOS CON MENOR IMPACTO AMBIENTAL

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.