TELÉFONOS DE INTERESE

27 de mayo de 2021

PONTEVEDRA-SALNÉS: 85 CASOS ACTIVOS MENOS QUE HAI UNHA SEMANA

Coronavirus Pontevedra-Salnés: 22 contaxios novos e baixan a 310 os casos activos

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés continúa aos poucos restando casos activos A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés continúa restando casos activos e sitúase moito mellor que hai unha semana, con 85 casos activos menos e unha situación de incidencia descendente. Nas últimas 24 horas producíronse 22 contaxios novos e 30 altas, o que fai que descendan en 8 os casos activos, de 318 a 310 persoas. Incidencia: Casos por 100.000 habitantes nos últimos 14 días nos concellos do Salnés: Cambados 23 167 Illa de Arousa 3 61 Meaño 0 0 Meis 3 63 O Grove 3 28 Ribadumia 3 59 Sanxenxo 3 17 Vilagarcía de Arousa 27 72 Vilanova de Arousa 3 29 Continúa descendendo en xeral a incidencia na área sanitaria de Pontevedra, con só uns poucos concellos por encima de 10 contaxios nas últimas dúas semanas. Cambados descende 5 casos e queda en 33 un número que debe ir a menos día a día. O número de pacientes hospitalizados baixa de 18 a 15 persoas, distribuídas en 15 pacientes no CHU de Pontevedra (11 en planta e 4 na UCI), ningunha no Hospital Público do Salnés e ningún no Quirónsalud Miguel Domínguez. A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés inclúe as comarcas de Pontevedra, O Salnés, Caldas (excepto Valga e Pontecesures), Tabeirós-Terra de Montes (salvo a Estrada) e os municipios de Marín e Bueu pertencentes ao Morrazo. Desde o inicio da pandemia tivo 14.215 casos de coronavirus, con 178 falecementos, 13.727 altas e 310 casos activos nestes momentos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.