Os centros educativos galegos rexistran un total de 3.609 casos activos con datos deste sábado, o que supón 102 menos que o venres. Así, hai un descenso por cuarto día consecutivo, despois dun aumento prolongado durante a terceira onda.
As aulas pechadas tamén caeron a 179 (dúas menos que o día anterior). Pola súa banda, os centros pechados en Galicia permanecen en catro: a escola infantil Cáritas-Tui de Vigo, a escola municipal de Viveiro, o Jorge Juan de Fene e o centro de educación especial Miño de Ourense (hai 17 casos entre os catro).
CASOS DA ÁREA DE PONTEVEDRA-SALNÉS
Con respecto ás áreas sanitarias, hai unha diminución dos casos activos en todos menos en Pontevedra, con tres casos máis (un total de 535). As aulas pechadas aumentaron en dúas a 28. Destacan o CEIP plurilingüe Rosalía de Castro de Vilagarcía (26), o CPR Santiago Apóstol de Soutomaior (26) e o CEIP plurilingüe Cruceiro de Sanxenxo (23).
A área da Coruña segue á cabeza este venres no total dos casos (955), pero hai un descenso de 38 en comparación co venres.
A área de Vigo continúa como a segunda con maior incidencia. Constátase unha caída de 28 infectados e mantense en 623 activos.
Os centros da área de Santiago contabilizan 504 casos (17 menos), pero as aulas pechadas ascenden a 25 (tres máis).
A seguinte na lista é a zona de Ourense con 374 positivos (10 menos) e 23 aulas pechadas (cinco menos).
A área de Lugo ten 333 positivos (cinco menos), 8 aulas (tres menos) e unha escola infantil pechada en Viveiro.
A zona de Ferrol pecha a lista, con 285 aulas activas (sete menos) e 17 aulas pechadas (unha máis).
Esta é a lista de centros con casos activos de coronavirus no Salnés enviada hoxe polo SERGAS:
ESCOLAS INFANTÍS
MEAÑO E.I. Municipal Meaño 1
RIBADUMIA E.I. Querubines 1
SANXENXO E.I. Municipal O Revel 2
VILAGARCÍA DE AROUSA E.I. Mpal Vilagarcía de Arousa 1
CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO
A ILLA DE AROUSA CEIP da Torre-Illa 1
A ILLA DE AROUSA CPR Sonrisas y Lágrimas 2
A ILLA DE AROUSA IES da Illa de Arousa 1
CAMBADOS CEIP de Castrelo 2
CAMBADOS CEIP Enrique Barreiro Piñeiro 1
CAMBADOS CEIP San Tomé 3 / 1
CAMBADOS CEP Antonio Magariños 4
CAMBADOS CPR Salesianos A Mercé 1
CAMBADOS IES Francisco Asorey 1
CAMBADOS IES Ramón Cabanillas 2
MEAÑO CEIP de Coirón-Dena 1
MEIS CPI de Mosteiro-Meis 7
O GROVE CEIP Valle-Inclán 1
O GROVE CPR N. Señora del Carmen 1
O GROVE IES Monte da Vila 2
RIBADUMIA CPI Julia Becerra Malvar 5
RIBADUMIA CRA de Ribadumia 1
SANXENXO CEIP de Noalla-Telleiro 3
SANXENXO CEIP de Portonovo 3
SANXENXO CEIP Magaláns-Dorrón 1
SANXENXO CEIP Plurilingüe A Florida 1 / 1
SANXENXO CEIP Plurilingüe Cruceiro 23 / 1
SANXENXO CPR Plurilingüe Abrente 5
SANXENXO IES de Sanxenxo 1
SANXENXO IES de Vilalonga 8
VILAGARCÍA DE AROUSA CEE de Vilagarcía de Arousa 1 / 1
VILAGARCÍA DE AROUSA CEEPR Bata - Os Mecos 2
VILAGARCÍA DE AROUSA CEIP A Escardia 2
VILAGARCÍA DE AROUSA CEIP A Lomba 1
VILAGARCÍA DE AROUSA CEIP Arealonga 2 / 1
VILAGARCÍA DE AROUSA CEIP de Vilaxoán 1
VILAGARCÍA DE AROUSA CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro 26 / 2
VILAGARCÍA DE AROUSA CPR Plurilingüe Sagrada Familia 5
VILAGARCÍA DE AROUSA CPR Plurilingüe San Francisco 1
VILAGARCÍA DE AROUSA EEI Vagalume 3 / 1
VILAGARCÍA DE AROUSA IES Armando Cotarelo Valledor 2
VILAGARCÍA DE AROUSA IES Castro Alobre 5
VILAGARCÍA DE AROUSA IES Fermín Bouza Brey 6
VILAGARCÍA DE AROUSA IES Miguel Ángel González Estévez 4
VILANOVA DE AROUSA CEIP de San Roque 3
VILANOVA DE AROUSA CEIP de Viñagrande-Deiro 2
VILANOVA DE AROUSA CEIP Plurilingüe de San Bartolomé 2
VILANOVA DE AROUSA IES Faro das Lúas 1

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.