Coronavirus de Pontevedra-Salnés: 154 novas infeccións e casos activos ascenden a 1.579
A área de Pontevedra alcanza un novo máximo de casos activos pero os hospitalizados seguen por debaixo dos 100.
As malas novas continúan na área sanitaria de Pontevedra, que rexistra outras 154 infeccións e chega unha vez máis ao máximo de casos activos, con 1.579. A área sanitaria mantén os 97 hospitalizados que tiña onte e é a terceira menos afectada da comunidade.
Nas últimas 24 horas producíronse 154 novas infeccións, 1 falecemento e 59 altas, o que fai que o número de casos activos suba 94, pasando de 1.485 a 1.579.
Incidencia: casos por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días nos concellos do Salnés
Cambados 28 204
Illa de Arousa 18 365
Meaño 15 285
Meis 43 898
O Grove 24 225
Ribadumia 3 59*
Sanxenxo 77 444
Vilagarcía de Arousa 134 358
Vilanova de Arousa 38 369
* Sin cifras exactas ao ter menos de 10 casos
A cidade de Pontevedra volve aumentar de incidencia e Poio continúa con datos moi preocupantes, sumando outros 106 puntos. Dentro da área sanitaria empeoran Sanxenxo, Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa e Meis. Cambados sube 6 casos activos e chega a 37.
O número de pacientes hospitalizados mantense en 97 persoas, distribuídos en 80 pacientes no CHU de Pontevedra (67 na sala e 13 na UCI), 5 no Hospital Público do Salnés e 12 no Quirónsalud Miguel Domínguez.
A área sanitaria Pontevedra-O Salnés comprende as comarcas de Pontevedra, O Salnés, Caldas (agás Valga e Pontecesures), Tabeirós-Terra de Montes (agás a Estrada) e os concellos de Marín e Bueu pertencentes ao Morrazo. Desde o inicio da pandemia, tivo 8.847 casos de coronavirus, con 97 mortes, 7.171 altas e 1.579 casos activos neste momento.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.