O voceiro do Partido Popular de Cambados, Luis Aragunde, acusa ao bipartito nun artigo no Faro de Vigo de "falta de coordinación", e afirma que dentro duns meses será necesario reconstruír o pavimento do vial de Tragove , que da servizo a varias plantas depuradoras de marisco. O líder do PP cambadés explica que Augas de Galicia afrontará a principios deste ano a instalación dunha nova canalización de saneamento entre Vilanova e a depuradora de Tragove e que para iso será necesario facer unha gabia na nova pista recén asfaltada.
Non debe lembrar que hai meses insistía en que había que asfaltar esta estrada e que cando Augas de Galicia tivese que realizar obras debería facelas e manter o vial en condicións óptimas.
É certo que a obra atrasouse, a obtención de financiamento, as autorizacións costeiras, o atraso xeral provocado pola COVID e a licitación da obra, provocaron que se retrasase o seu asfaltado en novembro do ano pasado.
Aragunde, como se pode escoitar no vídeo, insistiu en que non se sabía cando Augas de Galicia executaría a obra que agora xa parece ter data.
No vídeo tamén se escoita a Aragunde dicindo que se tiña que asfaltar esta estrada hai anos.
Suponse que en 28 anos do PP na alcaldía (seis deles co actual "líder" da oposición á fronte), non se lles pasou pola cabeza facelo e agora na oposición dáse conta do necesario que era esa obra.
Unha vez máis amósase que por parte do opositor Aragunde non hai máis que inoperancia, xa demostrada na sua época como alcalde.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.