Coronavirus Galicia: 499 contaxios novos e baixan a 9.298 os casos activosVolve baixar notablemente o número de infectados en Galicia e todas as áreas sanitarias melloran. Mantéñense en 34, pero con cambios, os municipios galegos en alerta vermella.
Volven baixar, e de maneira considerable, os casos activos de coronavirus en Galicia grazas a que as altas das últimas 24 horas foron moi superiores aos contaxios. Hoxe todas as áreas sanitarias de Galicia, sen excepción, melloran a súa situación, e a única mala noticia -á parte dos 6 falecidos- é que os hospitalizados volven aumentar. Os 6 falecidos son a cifra a máis baixa de mortes comunicadas no que vai de semana en Galicia: luns (21), martes (15), mércores (15), xoves (7) e venres (10).
Os 499 casos novos de hoxe son inferiores aos 545 do domingo pasado, e supoñen o 5,99% de positivos de 8.327 probas PCR. Os 545 casos de fai sete días foron o 6,91% de positivos de 7.884 probas.
Na web de datos do Sergas di que nas últimas 24 horas confirmáronse 489 de COVID-19 por PCR, pero a diferenza entre o total de infectados desde o inicio da pandemia de hoxe (45.363) e o de onte (44.864) é de 499 persoas. Do mesmo xeito, os novos contaxios por área sanitaria son calculados co mesmo procedemento.
Nas últimas 24 horas rexistráronse en Galicia 499 novos casos de SARS- CoV-2, 8 falecementos e 749 altas, o que fai que baixen en 256 persoas os casos de coronavirus, pasando dos 9.554 de onte aos 9.298 de hoxe, xusto o mesmo dato que antonte.
O total de hospitalizados sobe en 10 persoas e pasa dos 568 de onte aos 578 hoxe. Volven subir tras tres días seguidos baixando. O total de casos de coronavirus contabilizados polo Sergas desde o inicio da pandemia é de 45.363.
Todas as áreas sanitarias galegas melloran
Coronavirus A Coruña: A Laracha en alerta vermella, 105 contaxios e baixan a 1.820 os activos
Coronavirus Ferrol: 21 contaxios novos e baixan a 841 os casos activos
Coronavirus Santiago: 66 contaxios novos e baixan a 1.041 os casos activos
Coronavirus Vigo: Salvaterra e Tomiño en alerta vermella, 149 contaxios e baixan os activos
Coronavirus Pontevedra: Vilagarcía baixa a alerta laranxa, 50 contaxios e baixan os activos
Coronavirus Lugo: Sarria en alerta vermella, 67 contaxios novos e baixan os casos activos
Coronavirus Ourense: 41 contaxios novos e baixan a 825 os casos activos
Hoxe todas as áreas sanitarias melloran, algunhas máis que outras, pero é a primeira vez que sucede en moitas semanas. A máis afectada continúa sendo Vigo, que ten 2442 casos (-66), seguida da Coruña con 1.820 (-27), Pontevedra con 1.267 (-10), Lugo con 1.062 (-47), Santiago con 1.041 (-44), Ferrol con 841 (-31) e Ourense con 825 (-31).
Novos contaxios por áreas sanitarias
A Coruña: 105
Ferrol: 21
Lugo: 67
Ourense: 41
Pontevedra: 50
Santiago: 66
Vigo: 149
Total: 499
O total de falecidos en Galicia desde o inicio da pandemia é de 1.062, con 8 novas mortes nas últimas 24 horas, e un total de 443 nesta segunda onda. O total de hospitalizados é de 578, divididos en 105 na UCI e 473 en unidades de hospitalización. O total de probas PCR é de 797.998, 8.327 no día de onte, cun 5,99% de positivos.
Esta semana conclúe cun total de 3.611 novos contagios de coronavirus en Galicia, unha cifra inferior aos 4.389 da semana pasada e aos 4.757 da anterior.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.