Coronavirus Galicia: 441 contaxios novos e baixan a 8.452 os casos activos Seguen mellorando os datos de toda Galicia e os hospitalizados baixan dos 500 por primeira vez en semanas. Galicia chega ao fin de semana con boas noticias sobre a evolución da pandemia de coronavirus. Nas últimas 24 horas rexistráronse xusto os mesmos casos que onte, 441, que son moitos menos que os 700 do venres pasado, procedendo dun número de probas PCR similar. Ademais de baixar notablemente os casos activos e de que esta semana se están rexistrando menos mortes que as anteriores, outra gran noticia é que o número de hospitalizados baixa dos 500 por primeira vez desde o 1 de novembro. Hoxe todas as áreas sanitarias melloran, menos a de Ferrol. Os 441 contaxios de hoxe supoñen o 5,94% de positivos de 7.422 probas, mentres que os 700 do venres pasado foron o 10,21% de 6.852 probas. Hai que indicar que hai unha semana un gran número de contaxios proviñan do brote nunha residencia de anciáns de Vilalba. Na web de datos do Sergas di que nas últimas 24 horas confirmáronse 426 de COVID-19 por PCR, pero a diferenza entre o total de infectados desde o inicio da pandemia de hoxe (51.247) e o de onte (50.806) é de 441 persoas. Do mesmo xeito, os novos contaxios por área sanitaria calcúlanse co mesmo procedemento. Nas últimas 24 horas rexistráronse en Galicia 441 novos casos de SARS- CoV-2, 6 falecementos e 562 altas, o que fai que baixen en 127 persoas os casos de coronavirus, pasando dos 8.579 de onte aos 8.452 de hoxe. O total de hospitalizados baixa en 16 persoas e pasa dos 513 de onte aos 497 de hoxe. O venres pasado eran 569, 72 máis que hoxe. O total de casos de coronavirus contabilizados polo Sergas desde o inicio da pandemia é de 51.247.
Evolución do número de contaxios e casos activos
Novos casos confirmados nos últimos 14 días, no mapa.
Todas as áreas sanitarias melloran, menos Ferrol
Coronavirus A Coruña: 101 contaxios novos e baixan a 1.724 os casos activos
Coronavirus Ferrol: 66 contaxios novos e soben a 737 os casos activos
Coronavirus Santiago: 58 contaxios novos e baixan a 930 os casos activos
Coronavirus Vigo: 115 casos novos e baixan a 2.268 os casos activos
Coronavirus Pontevedra: 53 contaxios novos e baixan a 1.200 os casos activos
Hoxe todas as áreas sanitarias de Galicia melloran menos a de Ferrol, que está a experimentar un crecente número de casos na zona de Eume. A máis afectada continúa sendo Vigo con 2.268 persoas (-40), seguida da Coruña con 1.724 (-19), Pontevedra con 1.200 (-14), Lugo con 1.060 (-25), Santiago con 930 (-18), Ferrol con 737 (+30) e Ourense con 533 (-41).
Novos contaxios por áreas sanitarias
A Coruña: 101
Ferrol: 66
Lugo: 32
Ourense: 16
Pontevedra: 53
Santiago: 58
Vigo: 115
Total: 441
O total de mortes desde o inicio da pandemia é de 1.179, 6 máis que nas últimas 24 horas, e un total de 560 nesta segunda onda. O total de hospitalizados é de 497, divididos en 93 pacientes de UCI e 404 en unidades de hospitalización. O total de probas PCR é de 880.674, 7.422 nas últimas 24 horas, cun 5,94% de positivos.
Esta semana leva xa 2.086 casos de coronavirus de luns a venres, case 700 menos que os 2.752 da pasada.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.