TELÉFONOS DE INTERESE

17 de noviembre de 2020

GALICIA SIGUE MELLORANDO A PESARES DE QUE ESTE LUNS FOI PEOR QUE O ANTERIOR


Coronavirus Galicia: 409
contaxios novos e baixan a 9.060 os casos activos Soamente a área sanitaria de Lugo empeora, e continúa baixando o número de infectados en Galicia. Volve mellorar a situación da pandemia de coronavirus en Galicia grazas a que se producen máis altas que contaxios. Os 409 casos novos de hoxe son algúns máis que os 383 do martes pasado, pero procedente dunha cantidade de tests moi superior (6.897 fronte a 4.343). Hoxe todas as áreas sanitarias melloran coa excepción de Lugo. Os 409 positivos de hoxe son o 5,93% de 6.897 tests, mentres que a semana pasada foran 383 positivos, o 8,81% de 4.343 tests. Na web de datos do Sergas di que nas últimas 24 horas confirmáronse 388 de COVID-19 por PCR, pero a diferenza entre o total de infectados desde o inicio da pandemia de hoxe (46.216) e o de onte (45.807) é de 409 persoas. Do mesmo xeito, os novos contaxios por área sanitaria son calculados co mesmo procedemento. Nas últimas 24 horas rexistráronse en Galicia 409 novos casos de SARS- CoV-2, 17 falecementos e 442 altas, o que fai que baixen en 188 persoas os casos de coronavirus, pasando dos 9.110 de onte aos 9.060 de hoxe. O total de hospitalizados baixa en 1 persoa e pasa dos 610 de onte aos 609 hoxe. O total de casos de coronavirus contabilizados polo Sergas desde o inicio da pandemia é de 46.216. Só Lugo empeora Coronavirus A Coruña: 69 novos contaxios e baixan a 1.835 os casos activos Coronavirus Ferrol: 39 contaxios novos e baixan a 777 os casos activos Coronavirus Santiago: Boiro en alerta vermella, 50 contaxios e mantéñense igual os activos Coronavirus Vigo: 99 contaxios novos e baixan a 2.347 os activos Todas as áreas sanitarias melloran, coa excepción de Lugo -que empeora- e Santiago, que se mantén igual. A máis afectada é a de Vigo con 2.347 casos (-14), seguida de 1.835 na Coruña (-5), 1.213 en Pontevedra (-20), 1.071 en Lugo (+29), 1.036 en Santiago (sen cambios), 781 en Ourense (-31) e 777 en Ferrol (-9). Novos contaxios por áreas sanitarias A Coruña: 69 Ferrol: 39 Lugo: 59 Ourense: 25 Pontevedra: 68 Santiago: 50 Vigo: 99 Total: 409 O total de falecidos en Galicia alcanza as 1.086 persoas despois de que onte rexistrásense outras 17 mortes. O total de mortes en nova normalidade é xa de 467. O total de probas PCR realizadas é de 811.941, delas 6.897 nas últimas 24 horas, cun 5,93% de positividade. O total de hospitalizados é de 609, 503 en unidades de hospitalización e 106 na UCI. 

Esta semana comezou peor que a anterior, e sumando os contaxios de luns e martes producíronse 853 casos novos, en comparación cos 782 da semana pasada. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.