Coronavirus Galicia: 444 contaxios novos e baixan a 9.110 os casos activos Baixan os casos activos en todas a área sanitarias menos A Coruña, pero aumentan considerablemente os hospitalizados. Galicia comeza a semana con máis contaxios que o luns pasado pero con case 1.000 casos activos de coronavirus menos, despois de concluír a anterior cunha tendencia en casos novos claramente á baixa. Dos últimos 10 días, os casos activos de coronavirus baixaron en 9. Os 444 contaxios de hoxe son o 6,3% de 7.046 probas PCR procesadas, mentres que os 399 do luns pasado eran o 6,9% de 5.779 probas. Os datos de hoxe proceden por tanto de maior cantidade de tests, cunha porcentaxe de positivos menor. Na web de datos do Sergas di que nas últimas 24 horas confirmáronse 442 de COVID-19 por PCR, pero a diferenza entre o total de infectados desde o inicio da pandemia de hoxe (45.807) e o de onte (45.363) é de 444 persoas. Do mesmo xeito, os novos contaxios por área sanitaria calcúlanse co mesmo procedemento. Nas últimas 24 horas rexistráronse en Galicia 444 novos casos de SARS- CoV-2, 7 falecementos e 625 altas, o que fai que baixen en 188 persoas os casos de coronavirus, pasando dos 9.298 de onte aos 9.110 de hoxe. O total de hospitalizados aumenta considerablemente en 32 persoas e pasa dos 578 de onte aos 610 hoxe, superando de novo os 600 pacientes. O total de casos de coronavirus contabilizados polo Sergas desde o inicio da pandemia é de 45.807. Melloran todas as áreas, menos A Coruña Coronavirus A Coruña: 105 contaxios e soben a 1.820 os activos Coronavirus Ferrol: Pontedeume en alerta vermella, 28 contaxios e baixan a 786 os activos Coronavirus Santiago: Ordes en alerta vermella, 64 contaxios e baixan a 1.036 os activos Por áreas sanitarias, todas melloran menos a da Coruña. As máis afectada é a de Vigo con 2.361 casos activos (-81), seguida pola Coruña con 1.840 (+20), Pontevedra con 1.233 (-34), Lugo con 1.042 (-20), Santiago de Compostela con 1.036 (-5), Ourense con 812 (-13) e Ferrol con 786 (-55). Novos contaxios por áreas sanitarias A Coruña: 105 Ferrol: 28 Lugo: 70 Ourense: 35 Pontevedra: 49 Santiago: 64 Vigo: 93 Total: 444 O total de falecementos en Galicia alcanza as 1.069 mortes, 7 delas nas últimas 24 horas, e xa son 450 nesta segunda onda. O total de hospitalizados alcanza os 610, divididos en 110 pacientes de UCI e 500 pacientes de planta. O total de probas PCR realizadas é de 805.044, 7.046 nas últimas 24 horas, cun 6,3% de positivas.
A semana pasada concluíu con 3.611 casos novos de coronavirus, menos que os 4.389 da semana pasada. Os 444 novos casos de hoxe son máis que os 399 que o luns pasado.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.