TELÉFONOS DE INTERESE

17 de noviembre de 2020

ATROPELA A UNHA MULLER EN VILANOVA E DASE A FUGA


Esta noitiña producíase un atropelo nas cercanías da igrexa de Vilanova de Arousa. Unha muller foi atropelada por un automóvil. O conductor do coche segundo testigos presenciais douse á fuga. Estes mesmos testigos falan dun Mercedes branco como o vehículo causante da morte da muller.

A muller faleceu minutos despois do atropelo segundo as informacións.

Unha muller perdeu a vida a pasada tarde en Vilanova de Arousa ao ser alcanzada por un coche na Rúa de Don Agustín Jambrina. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polas testemuñas do suceso, o turismo implicado continuou a marcha despois de producirse o atropelo.

Varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para alertar dos feitos, ao fío das 20:15 horas.

Axiña, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, dos Bombeiros de Vilagarcía e dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vilanova de Arousa.

A pesar dos esforzos, o equipo médico desprazado nada puido facer por salvarlle a vida a muller atropelada.

Os corpos de seguridade están arestora tentando localizar o coche e dar co conductor.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.