Estos son os datos detallados por municipios que os alcaldes da comarca coñeceron hoxe oficialmente por primeira vez tras a reunión por videoconferencia que mantiveron co xerente da área sanitaria e o director xeral de Sanidade.
Ademáis, segundo explicou ao remate da reunión a Presidenta da Mancomunidade do Salnés, Marta Giraldez, a Consellería de Sanidade comprometeuse a informar por vía telefónica diariamente aos alcaldes sobre o número de casos nos seus respectivos municipios, estean ou non baixo as restriccións especiais nas que entraron hoxe Sanxenxo e Meis e que se prolongan en Vilagarcía e Vilanova.
Deste xeito, Sanidade atende a petición dos alcaldes da Mancomunidade que se reunían o pasado domingo de xeito urxente para consensuar unha solicitude formal ante a Xunta en demanda de información diaria.
"Veuse que esa reunión serviu para algo", dixo a Presidenta da Mancomunidade.
A maiores, os responsables do Sergas e os alcaldes manterán encontros semanais por videoconferencia, cada martes e xoves, para facer o seguimiento da evolución da pandemia na comarca.
O conxunto da comarca do Salnés rexistra este xoves 179 casos activos de covid e 276 persoas en corentena, pendentes do resultado das PCR, por ser contactos asociados.
En concreto,
Vilagarcía ten 63 positivos, 4 menos que onte, e 90 persoas en illamento
Sanxenxo, 33 contaxios confirmados, un menos que onte, e 44 asociados
Cambados, 22 positivos e 27 contactos
Vilanova, 20 casos, un máis que onte, e 29 en illamento
Meis, 17 positivos e 37 en corentena
O Grove, 8 activos e 14 asociados
Meaño, 7 positivos e 15 contactos
Ribadumia, 5 confirmados e 10 asociados
A Illa ten 4 positivos e 10 en illamento.
Ademais, confírmase que a incidencia da pandemia en Vilagarcía, Vilanova e Meis está vinculada, sobre todo, ao brote detectado na planta de Avigal en Cambados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.