Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de octubre de 2020

A DEMANDADA REUNIÓN DE ALCALDES E ALCALDESAS DO SALNÉS CO CONSELLEIRO DE SANIDADE PRODUCIRASE HOXE


Despois de semanas intentando ter unha entrevista, xa fora a nivel particular ou conxunto, co Conselleiro de Sanidade, por fin os alcaldes e alcaldesas da comarca do Salnés, teñen unha cita hoxe co tirular de Sanidade actual porto que o anterior deixou o cargo sin contestar as peticións.
Será a través de videoconferencia a partires das duas desta tarde.

A Comarca do Salnés está sendo moi castigada polo  coronavirus nas últimas semanas produto de ese aumento de casos é o establecemento de resticións en 4 dos 9 concellos que a compoñen. Vilagarcía e Vilanova hai unha semana e desde hoxe Sanxenxo e Meis.

Máis de 120 casos como foco común o Polígono Industrial de Sete Pías en Cambados que afectou a varios concellos, fixeron da Comarca un punto negro dentro da melloría xeral de Galicia.

Sobre a mesa estará unha posible toma de medidas restritivas, como demanda o ínclito de Gonzalo Durán, e que nun principio foron rexeitadas por Xunta e varios concellos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.