Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de septiembre de 2020

UN HOSPITALIZADO MÁIS NO HPTAL DO SALNÉS, PROCEDENTE DO POL. DE SETE PÍAS


A incidencia da pandemia na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés remite por segundo día consecutivo.

Sen embargo, ao igual que onte, o descenso é debido a que os contaxios remiten pero, sobre todo, á gran cantidade de altas epidemiolóxicas prescritas, 33 nas últimas 24 horas.

Segundo os datos actualizados este martes 29 de setembro pola Consellería de Sanidade, os casos activos descenden a un total de 793, 18 menos que onte, pero detectáronse 15 novos positivos.

A presión_hospitalaria mantense sen variacións con 22 pacientes ingresados: 13 en planta en Montecelo, tres no Hospital do Salnés, un máis que onte, e un no QuirónSalud Miguel Domínguez, un menos que onte. O tercceiro ingresado do H. do Salnés procede do gromo que se produxo nunha empresa de túnidos do Polígono de 7 Pías en Cambados.

Ademáis, cinco pacientes continúan en estado crítico na UCI de Montecelo.

Os 771 restantes diagnosticados evolucionan en illamento domiciliario baixo seguimiento médico. 

Dende o inicio do plan de continxencia, curáronse na área sanitaria 1.326 pacientes e faleceron 19 persoas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.