Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de septiembre de 2020

DESCENSO DE ENFERMOS NA ÁREA PONTEVEDRA-SALNÉS 40 DIAS DESPOIS


A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés rebaixa este luns 28 de setembro a 811 casos activos de coronavirus. Esto é un descenso de 15 casos con respecto aos datos do domingo. Por primeira vez en máis dun mes, desde o pasado 20 de agosto, prodúcese unha baixada da incidencia da Covid-19. 

Malia todo contabilizáronse 21 novos contaxios, pero un número maior de altas a pacientes, 36, fai que o total de casos activos baixase.

Outro dato negativo, este luns aumentou a presión asistencial. En concreto, hai 22 pacientes ingresados na área sanitaria, dos que cinco se atopan na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo.

Ademais, hai 17 pacientes ingresados en planta de hospitalización, 13 no  Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 2 no Hospital  QuirónSalud Miguel Domínguez Pontevedra e 2 no Hospital  do Salnés. 

O resto de pacientes con resultado positivo, 789, están sendo controlados nos seus domicilios

Desde o inicio do plan de continxencia da Covid-19 curáronse 1.293 pacientes, 36 nas últimas 24 horas, e faleceron por este virus na área sanitaria 19 pacientes.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.