Un día máis o número de pacientes que atravesa en entos momentos a enfermidade continua á baixa. Segundo os últimos datos do Sergas (con data do venres ás 21.00 horas) na Comunidade quedan 542 casos activos, 21 menos que a xornada anterior.
A maior parte dos contaxiados está a pasar a enfermidade en casa ao presentar síntomas leves. Nesta situación atópanse 515 persoas. A presión hospitalaria tamén desapareceu, especialmente nas UCI, onde como o día anterior só está ingresada unha persoa que deu positivo pola Covid-19. En planta continúan outros 26 pacientes.
Tampouco se incrementou a cifra de mortes que permanece en 618, delas case a metade (274) corresponden a usuarios das residencias de maiores. En total , 11.381 persoas foron infectadas polo virus en Galicia.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 542, deles 124 son da área da Coruña, 33 da de Lugo, 49 da de Ourense, 16 da de Pontevedra, 196 da área de Vigo, 110 da de Santiago, e 14 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 26 están en unidades de hospitalización e 515 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.221 persoas curadas, rexistrándose 618 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 149.242.
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés rexistrou nas últimas 24 horas o mesmo número de altas que de contaxios por coronavirus, tres, de modo que a cifra de casos activos continúa como este venres. En total, este sábado 6 de xuño hai 16 pacientes positivos.
Desde o inicio do plan de continxencia da COVID-19 curáronse 881 pacientes nesta área sanitaria, fronte aos 878 do venres, e faleceron 16 pacientes.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.