TELÉFONOS DE INTERESE

13 de abril de 2020

PEQUENO REPUNTE DE ENFERMOS POR CORONAVIRUS NA ÁREA PONTEVEDRA-SALNES

Pequeno repunte de enfermos  por coronavirus na nosa área sanitaria de Pontevedra e O Salnés
O número de casos activos elévase hoxe ata os 501 doentes. Onte había 482 casos confirmados polo que hai un aumento de 19 casos.
Hai 45 (+ 5) persoas hospitalizadas en planta, 5 (=) delas no Hospital do Salnés e un, igual que onte no Quirón Salud Domínguez. De estos 15 (=) pacientes están ingresados na UCI e 441 casos permanecen no seu domicilio, esto é 20 máis que no día de onte.
Dende o inicio da pandemia, rexistráronse 12 falecementos nesta área sanitaria. Hai que lembrar que último falecemento prodúxose onte mesmo. 
En canto as altas hai que destacar que 114 persoas xa a recibiron. O que quere decir que houbo  2 altas máis con respecto a onte.
O número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 5.939, deles 1.252 son da área da Coruña, 591 da de Lugo, 1.166 da de Ourense, 501 da de Pontevedra, 1.090 da área de Vigo, 1.001 da de Santiago, e 338 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 136 permanecen en UCI, 735 están en unidades de hospitalización e 5.068 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.186 altas de pacientes e 369 falecementos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.