Un novo engano utilizando a web da Xunta para facer propaganda electoralista do PP e o seu goberno. Os medios afíns venden algo normal como un éxito.
Ethel Vázquez Mourelle, acompañada polo director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, mantivo hoxe unha nova xuntanza por videoconferencia co sector da construción, coincidindo co reinicio da súa actividade, tras 15 días de paralización polo estado de alarma reforzado decretado polo Goberno.
A conselleira de Infraestruturas e Movilidade da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, informou este luns ao presidente da Federación Galega da Construción, Diego Vázquez Reino, e aos representantes das asociacións provinciais, da reactivación inmediata de traballos e trámites administrativos en obra pública, que supoñen a mobilización este ano dun investimento autonómico de 160 millóns de euros e garanten 1.400 postos de traballo en 2020, segundo informa Ep. Ethel Vázquez, acompañada polo director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, mantivo unha nova reunión por videoconferencia co sector da construción, coincidindo co reinicio da actividade tras 15 días de paralización polo estado de alarma reforzado decretado polo Goberno.
O detalle que esquecen desde a Xunta e que tanto a inversión como os postos de traballo estaban xa asegurados desde o principio de ano e o reinicio da actividade so fai que eses proxectos continúen a marcha que deberían levar ata que se decretou o estado de alarma.
Queren enganar aos galegos facendo crer que esto é algo novedos cando non é o caso. trátase en definitiva da reactivación inmediata de traballos e trámites administrativos , paralizados sobre todo desde hai 15 días cando se restrinxeu o traballo a toda aquela actividade non esencial.O que sí é esencial e primordial é a prioridade de garantir a seguridade dos traballadores, velando polo estrito cumprimento das medidas para evitar riscos de contaxios, polo que a Xunta, puxo á súa disposición unha guía de recomendacións de seguridade específicas para as obras.
Trátase en definitiva de actuacións de interese público como a continuación da construción de centros de saúde ou o comezo da execución do Hospital de Pontevedra, o saneamento da Malata, a mellora da depuración de Praceres ou a futura potabilizadora de Betanzos.
Tamén da continuidade das obras de mellora de seguridade viaria e tamén
daquelas que facilitan a actividade loxística, como o acceso aos polígonos de Morás e San Cibrao das Viñas ou a ampliación da avenida da Deputación en Sabón. Ou o avance nas estacións intermodais de Santiago, Ourense, Pontevedra e Vigo, xa en marcha; ou o acondicionamento das entradas dos Camiños en Compostela.
daquelas que facilitan a actividade loxística, como o acceso aos polígonos de Morás e San Cibrao das Viñas ou a ampliación da avenida da Deputación en Sabón. Ou o avance nas estacións intermodais de Santiago, Ourense, Pontevedra e Vigo, xa en marcha; ou o acondicionamento das entradas dos Camiños en Compostela.
En conclusión, obras xa empezadas ou a piques de facelo en base ao calendario xa porposto nos orzamentos para este 2020 e non nada novo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.