Galicia suma 415 falecidos (320 en hospitais e 95 en xeriátricos) con coronavirus tras as tres mortes coñecidas nas últimas horas. O Sergas informa de dous novos falecementos por coronavirus: unha muller de 90 anos no CHUVI vigués, un home de 83 anos no CHUAC e unha muller de 88 no Hospital HM Modelo, ambos na Coruña.
O Sergas na actualización matinal daba conta de sete falecementos por Covid-19 en hospitais: un home de 90 anos no hospital de Valdeorras, dous homes de 65 e 74 no CHUAC coruñés, dúas mulleres de 87 e un home de 82 no CHUS santiagués e unha muller de 89 no CHUF ferrolán, todos con patoloxías previas.
O SERGAS notificara antes 3 novos óbitos: dous na residencia Claudina-Somoza (A Coruña) e outro na de San Pedro de Crecente.
As 13 mortes deste xoves están por baixo das 16 do mércores e as 14 do martes. Con todo, supoñen un ascenso respecto as nove mortes do luns.
O reconto de falecidos por áreas sanitarias é o seguinte, 97 persoas en centros sanitarios da área sanitaria da Coruña, 64 na área de Vigo, houbo 60 mortes na área de Ourense, 45 falecidos na área sanitaria de Santiago, 21 en Ferrol, outros 21 en Lugo e 12 falecidos na área de Pontevedra.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.