Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de abril de 2020

A PANDEMIA ESTÁ REMITINDO EN GALICIA

A pesares dos datos "positivos" do día de hoxe non podemos baixar a guardia e debemos seguir respectando o Estado de Alarma e o confinamento que esto supón. A pandemia remite, non desapareceu.

O balance difundido fai uns instantes polo Ministerio de Sanidade reflicte que, desde o inicio da pandemia, rexistráronse en Galicia un total de 7.597 casos, unha cifra que inclúe as 1.240 persoas que xa se curaron, así como aquelas que faleceron a causa do coronavirus. Dos pacientes hospitalizados, 133 atópanse en UCI.

O Sergas informa de sete novos falecementos por Covid-19 que elevan o total en Galicia a 379. Trátase dun home de 55 anos ingresado no CHUS de Santiago, un home de 82 no CHUAC coruñés, un home de 71 no CHUF de Ferrol, un home de 85 no CHUO ourensán e unha muller de 84 e dous homes de 83 e 90 anos no CHUVI de Vigo. Todos eles, salvo o home falelcido no CHUAC, presentaban patoloxías previas. 


A estas defuncións hai que sumar as 5 producidas en residencias. Este luns falecían cinco persoas en centros de anciáns galegos. En concreto, un na residencia As Fragas, en Pontedeume (A Coruña); dous na residencia A nosa Señora da Esperanza de Ourense; outro na residencia Moledo de Vigo; e outro na residencia DomusVi Cangas (Pontevedra).

As mortes por áreas sanitarias repártense do seguinte xeito: 86 na área sanitaria da Coruña, 62 na área de Vigo, 57 mortes na área de Ourense, 40 falecidos na área sanitaria de Santiago, 20 en Ferrol, outros 20 en Lugo e 12 falecidos na área de Pontevedra.


O número de PCR realizadas é de 48.337.

Hoxe 14 de abril reportáronse somentes 103 novos casos de contaxios de coronavirus en Galicia, facendo un total de 7597, o menor dato desde o 19 de marzo e unha noticia tremendamente positiva que fai que comecemos a ver a luz ao final do túnel. A porcentaxe de crecemento foi o menor ata a data por segundo día consecutivo, baixando do 2,15% de onte ao 1,37%. En canto ao cómputo de toda España, volve baixar o número de novo contaxiados, pero repunta o de mortos. España xa ten 172.541 casos reportados de coronavirus tras 3045 novos positivos hoxe, con casos insólitos como que só houbese cinco novos contagios en Andalucía. A mala noticia é que o número de mortes volveu a subir e, tras 567 novos falecementos, a cifra xa alcanza os 18.056
.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.