Esta mañán COPE Pontevedra entrevistaba ao xerente da D.O. Rias Baixas, Ramón Huidobro en relación a Festa do Albariño e as posibilidades de celebración ou non na súa edición do 2020, debido ao Estado de Alarma e as consecuencias que o coronavirus terá na celebración de festas como esta tan multitudinarias. Haberá que ver as medidas que se tomarán para a desaceleración e que ao parecer afectaría de xeito importante a eventos de esta magnitude e a hostelería. A pouco máis de tres meses para a festa desde a DO Rías Baixas estarían preparados para afrontar cambios sustanciais na celebración. Todo esto si é posible a sua celebración.
Aquí tedes a entrevista con Huidobro.
Falta saber o parecer do Concello de Cambados, e que segundo fontes cercanas agardan a que o Goberno central vaia abrindo posibilidades que dependen do comportamento da pandemia.
Como sabedes cantidade de festas e festivais están sendo suspendidos por esta causa. O último os Sanfermíns.
O Concello de Cambados e a Denominación de Orixe Rías Baixas están en contacto para tentar manter a Festa do Albariño de 2020 no caso de que a crise sanitaria remita.
Artigo de COPE Pontevedra
En declaracións a COPE Pontevedra, o xerente do Consello Regular da DO Rías Baixas, Ramón Huidobro, explicou que pola súa banda estarían preparados para organizar a festa sen cambios en caso de tomar unha decisión con dous meses de antelación. "Nós dispoñemos das casetas, contactamos cos fabricantes das copas, etc. A disposición témola. Agora ben, creo que todavíoa é prematuro. O primeiro que temos que facer é saír deste confinamento, ir ' desescalando' a situación, ver como queda a hostalería, ver como queda o turismo e a partir de aí, tomar as decisións oportunas. Preparados estamos", detallou o responsable da Denominación de Orixe.
Segundo confesou Huidobro, a organización tamén especulou sobre o suposto de que se deba controlar o aforo na festa declarada de interese turístico internacional. "Se houbese que limitar aforos, pois probablemente haxa que cambiar a localización da festa. Seguir celebrándoa en Cambados pero se cadra hai que buscar outra localización que permita limitar a entrada, que permita controlar o acceso", recoñeceu o xerente do Consello Regulador da Denominación de Orixe vitivinícola.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.