Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de marzo de 2020

UN MATRIMONIO POSIBLE CASO DE CORONAVIRUS EN CAMBADOS

Segundo fontes non oficiais o coronavirus xa chegou a Cambados. Trataríase do contaxio dun matrimonio. Segundo as mesmas fontes pode haber algún caso máis pero estase a agardar polos resultados dos análisis pertinentes.
O matrimonio está ingresado desde onte nun centro hospitalario, case con toda seguridade o Hospital Montecelo de Pontevedra.
A medida que teñamos máis información iremos dando máis datos.


Debemos cumprir as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do vírus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.