Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de marzo de 2020

UN INGRESO MÁIS NO SALNÉS ELEVA A CIFRA A 5 HOSPITALIZADOS EN RUBIÁNS


Na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, o SERGAS contabiliza a día de hoxe un total de 179 casos activos de pacientes con COVID-19. Son datos que a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade fixo públicos este mediodía e que reflicten que nas últimas 24 horas diagnosticáronse 15 novos positivos, unha cifra inferior ao de xornadas anteriores.
Con estes novos datos os casos confirmados pasaron de 164 de onte luns a 179 de hoxe e coincide co número de pacientes hospitalizados e illados para recibir o necesario tratamento (de 35 a 50).
O número total de pacientes illados nos seus domicilios segue a ser de 129, ao igual que onte luns.
Deses 179 casos, 42 están hospitalizados en planta, 5, onte eran 4, deles no Hospital do Salnés, e o resto en centros de Pontevedra e os outros oito permanecen ingresados na UCI, dúas máis que o luns. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.