TELÉFONOS DE INTERESE

30 de marzo de 2020

SIGUE AUMENTANDO O NÚMERO DE FALECIDOS EN GALICIA

O Sergas fai oficiais os seus datos, que amplían os facilitados fai un par de horas polo Ministerio de Sanidade. En total, a Comunidade rexistra activos 3.476 enfermos con positivo por coronavirus, dos que 134 permanecen en UCIs, 766 en unidades de hospitalización e 2.576 nos seus domicilios. Ademais, contabilízanse 168 altas e 79 falecementos, despois de que se producisen os decesos doutros tres pacientes, unha muller de 86 anos, e dous homes de 89 e 79, todos ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total de positivos, 807 corresponden ao área sanitaria da Coruña, 289 a Lugo, 479 a Ourense, 348 a Pontevedra, 866 —a máis numerosa— á de Vigo, 529 en Santiago e 158 en Ferrol. O total de emferos chega a 3723.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias, e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web (coronavirus.sergas.gal), na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, que vén de ser reforzado con máis persoal, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.