TELÉFONOS DE INTERESE
▼
30 de marzo de 2020
A COMARCA DO SALNÉS HOXE NA TVG
Na súa investigación, Alicia Burton, Diana Nogueira e o Sabichón atoparán unha enorme riqueza patrimonial, vestixios arqueolóxicos e unha natureza atlántica única (22.30 h)
Alicia Burton, Diana Nogueira e o Sabichón están listos este luns, nunha nova edición do programa ‘Segredos - Desmontando Galicia’, para atopar respostas ás incógnitas que presenta a comarca do Salnés.
O Salnés vive mirando cara á ría de Arousa, a máis extensa das rías galegas, que agocha unha morea de segredos por descubrir. Unha enorme riqueza patrimonial, vestixios arqueolóxicos e unha natureza atlántica única son os sinais de identidade dunha comarca eminentemente turística.
Grazas ás integracións 3D e ás tecnoloxías visuais máis actuais, o espazo da TVG desmontará e montará as fortalezas construídas para conter as invasións normandas cara a Santiago de Compostela. Ademais, os espectadores descubrirán os segredos que agochan as illas de Sálvora, Cortegada e Areoso, con historias de homes e mulleres cheos de coraxe.
Hoxe vai quedar o Salnés sen unha pedra que levantar, todo para que ti goces coas súas interioridades e anécdotas. Esta noite, non perdas a xente de Segredos - Desmontando Galicia facendo o que mellor saben Desmontando Salnés

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.