TELÉFONOS DE INTERESE

22 de marzo de 2020

O ESTADO DE ALARMA PROSEGUIRÁ ATA DESPOIS DE SEMANA SANTA

Pedro Sánchez prorrogará o estado de alarma polo menos 15 días así como o confinamento dos cidadáns e a restrición de movementos. Para ampliar o estado de alarma, o Goberno debe contar co apoio do Congreso. O Pleno convocouse para o vindeiro mércores pola tarde. A prolongación do estado de alarma outros quince días máis implica que confinamento se manterá polo menos ata que pase a Semana Santa. A súa entrada en vigor tivo lugar o pasado sábado 14 de marzo e o prazo vencería o 29 deste mes. Coa decisión de alongalo outras dúas semanas, a nova data límite atrásase ata o 12 de abril. A Constitución establece no seu artigo 116.2 que o estado de alarma será declarado polo Goberno mediante decreto acordado en Consello de Ministros “por un prazo máximo de 15 días, dando conta ao Congreso dos Deputados, reunido inmediatamente para o efecto e sen cuxa autorización non poderá ser prorrogado devandito prazo”. “O decreto determinará o ámbito territorial a que se estenden os efectos da declaración”, engade a Lei Fundamental.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.