No cartaz hai a información e os teléfonos para os usuarios
A declaración de alarma baleira os centros de saúde e consultorios locais de consultas programadas
Recoméndase aos usuarios que chamen se necesitan asistencia médica e os profesionais valorarán como prestarlla
A orde é moi clara. Non se debe de acudir aos centros de saúde, nin aos consultorios locais, salvo que expresamente así llo indiquen os profesionais sanitarios. As consultas programadas e a demanda suspendéronse tras decretarse o estado de alarma en España, pero iso non quere dicir que os centros de saúde estean pechados. Nin que se desatenda aos pacientes, simplemente búscase evitar que salgamos de casa de maneira innecesaria limitando así as posibilidades de contaxio.
Nas entradas dos centros de saúde pódense ver, claramente, os carteis nos que se informa da nova situación. Os teléfonos de cita previa, así como os números dos propios centros, están operativos para atender a chamada dos pacientes, aínda que hai que ter paciencia porque seguro que nalgún momento tamén se saturan as liñas. Á chamada responden os sanitarios, quen valora a situación e determinan se o paciente debe acudir ao centro de saúde ou, pola contra, faise unha atención domiciliaria. No cartaz hai a información e os teléfonos para os usuarios
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.