O número de Expedientes de Regulación Temporal de Emprego ( ERTE) non deixan de crecer en Galicia desde o comezo do estado de alarma e xa suman un total de 8.276, con 45.440 traballadores afectados.
Segundo os datos facilitados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, esta cifra a data de luns supón case duplicar os que había o pasado venres en Galicia, cando se rexistraban 4.239.
Entre estes ERTE, hai oito que se producen a nivel estatal, con 737 afectados na Comunidade. Así mesmo, hai 251 que teñen repercusión a nivel de toda a autonomía, con 5.509 empregados. Xunto a eles, teñen lugar 3.172 expedientes temporais na Coruña -provincia con maior impacto-, con 15.651 traballadores; seguida dos 2.732 ERTE da provincia de Pontevedra, con 15.536 empregados. Máis lonxe en cifras sitúanse os 1.058 ERTE na provincia de Lugo, con 3.726 traballadores afectados; e Ourense, con 1.055 expedientes e 4.281 empregados.
CITROEN TAMÉN
A factoría do grupo PSA en Vigo enviará temporalmente ao paro a 7.000 empregados. Responsables da dirección do grupo en Balaídos presentaron esta mañá aos sindicatos a memoria explicativa para solicitar un Expediente de Regulación Temporal de Emprego ( ERTE) por forza maior, ante a paralización da fábrica de coches por causa do coronavirus, segundo informan fontes de CCOO.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.