Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de marzo de 2020

CONATO DE INCENDIO NA MODIA

O Servicio de Emerxencias do Concello de Cambados (Protección Civil) acudía esta pasada madrugada a un incendio nunha vivenda de A Modia.
Concretamente na rua Antonio Perez eran ás 00:51hrs. No conato de incendio viuse afectada a campá extractora da cociña. Por parte de Protección Civil procedeuse ao corte de subministración eléctrica, extinción do incendio e ventilación da vivenda. Máis tarde os Bombeiros do Salnés, unha vez sufocadas as chamas, fixeron medicións na vivenda. Na vivenda había unha muller e dúas persoas mozas e dúas mascotas que abandonaron o piso e non sufriron danos, aínda que unha persoa si precisou atención na ambulancia que se desprazou ao momento. A rápida extinción das chamas evitou que o lume se propagase a outras estancias da vivenda.

Instrúe dilixencias a Garda Civil de Cambados.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.