Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de marzo de 2020

915 INFECTADOS, 16 ALTAS E 15 MORTOS, O COVID-19 SIGUE CRECENDO EN GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 885, deles 226 son da área da Coruña, 58 da de Lugo, 95 da de Ourense, 136 da de Pontevedra, 212 da área de Vigo, 130 da de Santiago, e 28 da de Ferrol. A estes casos hai que sumar 16 altas e 14 falecimentos, polo que a cifra real de infectados é de 915.
O salto de casos supera os 160, este sábado eran 721, 739 casos sumando altas e defuncións.

En canto as mortes decir que foron tres máis as producidas desde a tarde do sábado. A Consellería de Sanidade informa do falecemento dunha muller de 77 anos que estaba ingresada no hospital Juan Cardona de Ferrol. Tiña múltiples patoloxías previas. Convértese era a vítima número 14 do virus en Galicia, tras a morte onte á noite, no CHUAC coruñés, doutro ancián, un home de 81 anos que tamén presentaba patoloxías crónicas. Hai poucas horas outra anciá, falecía unha muller de 84 anos, tamén con múltiples patoloxías previas, ingresada no CHUS santiagués, eleva o total a 15.

24 casos en Celanova 13 usuarios e 11 empregados da residencia San Carlos de Celanova dan positivo A residencia San Carlos de Celanova, en Ourense, desvelou que, «lamentablemente», 13 usuarios e 11 membros do persoal deron positivo no test do coronavirus. A través das súas redes sociais, informaron de que o centro se atopa «pendente de novas decisións» que lles ofrezan tanto a Consellería de Política Social como o Sergas. A BRILAT A unidade do Exército de Terra Brilat continúa coa «Operación Balmis» en diferentes puntos de Galicia. Ao longo deste domingo despregarase en Santiago, Monforte de Lemos (Lugo) e Marín (Pontevedra). O obxectivo destas actuacións é establecer os procedementos e as ligazóns coas autoridades locais e as Forzas e Corpos de Seguridade no marco do dispositivo contra o coronavirus Covid-19.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.