TELÉFONOS DE INTERESE

18 de noviembre de 2019

COMIDA SOLIDARIA A PROL DE "FAMILIAS AZUIS"

Con motivo de dar a benvida ás festas de nadal e tentar obter fondos económicos para o desenvolvemento de máis actividades e programas dentro da asociación, Familias Azuis organiza unha Comida Solidaria que terá lugar o próximo 1 de decembro nas Adegas Condes de Albarei Cambados. Familias Azuis agardan poder contar con vos nun día especial para todos aqueles que forman parte do compromiso común de acompañar ás persoas con TEA e ás súas familias no desenvolvemento dos seus proxectos de vida No cartel dispoñen de toda a información do evento, animarvos a vir, estaremos entre familia e amigos gozando e contribuíndo por unha boa causa. Teremos a honra de contar como padriño co cantante galego, Antonio Barros, as actuacións musicais de "Demos da Petaca", "Take it easy", " Mais Fariña" e o Mago Marco. Actividades para os nenos e nenas, coidadores, pinta caras e inchables.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.