TELÉFONOS DE INTERESE

19 de noviembre de 2019

A ALUMNA DO ASOREY, JULIA BOULLOSA, ACADA OUTRO PREMIO LITERARIO


Julia Boullosa Álvarez do IES Asorey de Cambados é a gañadora do Concurso de Relato curto contra a violencia de xénero convocado pola Subdelegación de Goberno de Pontevedra.
A alumna de 4º da ESO do Asorey gañou o concurso de relato curto en categoría 1, é dicir entre o alumnado de Secundaria, Ciclos Medios e FP básica.
O relato titulado ”Amarga Espera” mereceu a máxima distinción do xurado, o que supón para ela gañar como premio, un ordenador portátil. Asi mesmo, toda a súa clase vai a verse premiada cunha actividade dunha Xornada de Seguridade Vial da DXT de Pontevedra.
Hai unhas semanas outro relato de Julia Boullosa, foi seleccionado no Concurso Literario Cambados Mar de Letras, e formará parte do libro que recollerá os premiados e seleccionados na II edición.
O IES Asorey amosa a súa satisfacción pola nova distinción a unha das súas alumnas e aproveita asimismo para felicitala públicamente pola súa creatividade, que xa coñecemos dabondo por ser tamén membro do Grupo de Teatro, parte do grupo musical os 7 Magificxs, e colaboradora da revista Jolichadas. Tamén queremos felicitar á súa familia, pola súa implicación e colaboración en todas as iniciativas propostas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.