TELÉFONOS DE INTERESE

9 de noviembre de 2019

A XUNTA ACTIVA UN PROGRAMA INTEGRADO PARA DESEMPLEADOS NA MANCOMUNIDADE DO SALNÉS


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que esta iniciativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria céntrase en incrementar as oportunidades laborais a través da especialización e a posta en marcha de medidas que combinan orientación e asesoramento con formación e prácticas
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá que 100 desempregados da mancomunidade do Salnés beneficiaranse dun novo programa integrado para desempregados que pon en marcha a Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Deste xeito, o programa, que acaba de comezar este mesmo mes, favorecerá aos veciños dos concellos que conforman esta mancomunidade (Cambados, A Illa de Arousa, O Grove, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa y Vilanova de Arousa), cun investimento de 250.000 euros. Os alumnos procederán das Oficinas de Emprego, e o control e seguimento dos cursos será responsabilidade da administración autonómica.
Deste xeito, a Xunta porá en marcha nas próximas semanas na provincia de Pontevedra un total de 11 programas integrados de emprego, dos cales 13 son de concellos (un deles conformado por cinco municipios), un da Mancomunidade do Salnés e outro da Fundación Cultural da Estrada. Cada curso beneficiará a 100 participantes. O orzamento para toda a provincia de Pontevedra supera os 2,5 millóns de euros.
Tal e como explicou o delegado territorial, os programas integrados de emprego, que teñen uno ano de duración, “están enfocados a mellorar a ocupación dos desempregados establecendo como obxectivo a inserción laboral dun mínimo do 30% dos seus participantes, é dicir, máis de 1.300 en toda Galicia”. Cada plan integrado inclúe accións personalizadas de diversa natureza -como información, orientación, asesoramento e formación- combinadas con prácticas laborais.
A actuación forma parte da Axenda 20 para o Emprego, a planificación do Goberno galego en materia laboral para impulsar o traballo estable e de calidade e coa que se pretende en 2020 reducir a taxa de paro ata o 10% coa creación de, polo menos, 80.000 novos empregos.
O Goberno galego, a través desta folla de ruta, vén activando ao longo deste ano diversos programas e axudas enfocados a ampliar as oportunidades laborais dos galegos e galegas como son os cursos de formación, os obradoiros, as lanzadeiras de emprego ou a iniciativa Formación á porta para cualificar a mozos e mozas do rural.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.