Catorce obras da provincia foron recoñecidas polos Premios Gran de Area de Aportación á Arquitectura 2019. Entre os gañadores figura unha vivenda en Cambados, e ven de ser revelado polo Colexio de Arquitectos de Galicia.

O xurado elixiu os gañadores entre os 75 proxectos presentados este ano, 40 propostas executadas na demarcación da delegación de Vigo, 24 na de Pontevedra e 11 na de Ourense.
Francisco Galiñanes Chaves é o responsable da construción dunha vivenda unifamiliar en Cortiñas de Abaixo (Cambados), recoñecida por conquistar unha relación perfecta entre interior e exterior, cun uso moi acertado dos patios, dos materiais e da luz, protagonistas e artífices da serenidade e contundencia desta vivenda.
Este non é o primeiro nin será o último premio que acada o cambadés. Xa en marzo foi un dos tres candidatos aos premios que adxudica o Colexio Oficial de Arquitectos (COAG)

O acto de entrega de diplomas celebrarase en Pontevedra no mes de novembro para os arquitectos, promotores, construtores e aparelladores das obras distinguidas. Este acto complementarase coa organización dun ciclo de conferencias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.