O Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados acudía esta mañá a un accidente de tráfico na Avenida de Villagarcía, en Corbillon (Cambados). Por razóns que se descoñecen un automóvil entraba no aparcamento dun supermercado batendo contra unha furgoneta alí estacionada. Á chegada dos efectivos de Emerxencías comprobaron que o conductor do coche siniestrado non se atopaba nin no lugar nin nas inmediacións.
Ao parecer foi atendido no primeiro momento pola ambulancia que se dirixía á base e despois pechou o coche e escapou correndo.
Na intervención colaborou a Ambulancia do 061, Garda Civil de Tráfico, Atestados e Policía Local de Cambados.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.