Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de marzo de 2019

OUTRO EMPATE MÁIS DO CAMBADOS T.M. PARA MANTER VIVA A ESPERANZA DA SALVACIÓN

En Cambados produciuse o segundo empate da xornada. Cambados TM e San Sebastián de los Reyes empataron a tres nun partido sen un dominador claro. O Cambados TM Fundación Deporte Galego empatou 3-3 este domingo no Pombal na 18ª xornada de liga de Superdivisión ante o San Sebastián de los Reyes. Tan igualado foi o choque que empataron a puntos (227) e o Cambados T.M. so sumou un xogo máis que o seu rival (13-12).

Polos cambadeses formaron Jose Manuel Ruiz(2) vencendo a Ramón Echanove e Rafael Das Heras, Fernando Padin(0) cedendo ante Rafael Das Heras e Takumi Ichinose e Javier Soria(1) cedendo ante Takumi Ichinose e vencendo a Ramón Echanove.

Con este novo empate o Cambados T.M. mantense igualado a puntos con Vilagarcía e Monteporreiro ocupando plaza de descenso xunto os pontevedreses e agardando a resolución do Comité de Competición sobre o partido de hai duas xornadas na que non se presentou o equipo contrario o Borges Grup Vall.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.