Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de marzo de 2019

NOVOS ÉXITOS DA ESCOLA DO CLUBE ATLETISMO CAMBADOS SEGUROS NOVAL

Alicia Noya, Candela Castro, Marco Sineiro, Roi Rodríguez, Xabi Martin e Ían Wernick
A pesares de non acadar metais a participación dos cambadeses non deixa de ser todo un éxito.
O resumo da participacion dos atletas da Escola do Clube Atletismo Cambados Seguros Noval no Cpto. Galego Sub16 que se celebrou onte en Ourense e onde o clube cambadés contou  coa representación de 6 atletas.

Despois da participacion o fin de semana pasado dos Sub10, Sub12 e Sub14 no Cpto.Galego, onde se lograron 2 Cptos.Galegos, onte Sabado tocoulle o turno os nosos cadetes Sub16 na Pista de Atletismo Cuberta de Ourense, cunha gran actuación: 

➡️ Candela Castro logrou un 6° posto en 600 m. cun tempo de 1:49:55

➡️ Alicia Noya logrou un 7° posto en Lanzamento de peso cun lanzamiento de 7,84m

➡️ Marco Sineiro consigueu un 4° posto en Lanzamento de peso cun lanzamento de 10,33m e un 10°posto nos 1000 m. cun tempo de 3:08:85.

➡️ Ian Wernick consigueu un 13° posto nos 1000 m. cun tempo de 3:12:23.

➡️ Xabi Martin consiguesu un 12° posto nos 600 m. cun tempo de  1:43:26.

➡️ Roi Rodriguez, tamén en 600 m. consigueu un 8°posto cun tempo de 1:40:65 e participou na semifinal de 60m. facendo un tempo de 8:71.

En total 6 representantes da Escola de Atletismo do C.A.Cambados-Seguros Noval no Cpto. Galego Sub16 de Pista Cuberta, que unidos aos 6 que xa participaron no fin de semana pasado no mesmo Cpto. pero en categorías Sub10, Sub12 e Sub16 fan un balance de:

➡️ 12 representantes da Escola de Atletismo nos Cptos Galegos Sub10, Sub12, Sub14 e Sub16 de Pista Cuberta.

➡️ 2 Cptos. Galegos acadados (500m Sub14 e Peso Sub10)

Gran éxito da Escola, que cada ano vai crecendo en representacións nos Cptos. Galegos.

Parabéns a tod@s os participantes polo seu esforzo e o logro de representar a Escola nun Cpto.Galego, coa dificultade que esixe estar entre os mellores atletas  galegos de cada categoría. 


Ahora a preparar o Cpto. Galego en Pista ao Aire Libre que se celebrarán a finais de Maio e principios de Xuño.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.